martes, 21 de noviembre de 2017

Torneo de crebacabezas

Estamos preparando o torneo de crebacabezas por equipos.Todos os interesados en participar anotadevos na biblio durante os recreos. O prazo remata o xoves 23 de Novembro.


Xornada de portas abertas 2017

O pasado Martes 14 de Novembro levamos a cabo, outro ano máis, unha xornada de portas abertas.
Algúns axudantes  da nosa biblioteca estiveron explicando ás familias as súas funcións e o seu traballo cando lles toca quenda durante os recreos. Como novidade do curso inauguramos a nosa bibliotenda.




martes, 7 de noviembre de 2017

Contacontos " Os cogumelos"

O pasado luns 30 de Outubro tivemos na biblioteca unha sesión de contacontos ofertada polo Concello de Mos. Coñecemos moitas cousas sobre o outono e ata disfrazámonos de animaliños.

miércoles, 25 de octubre de 2017

AXUDANTES DA BIBLIOTECA


RECOMENDACIÓNS LITERARIAS NA RADIO ESCOLAR



Este ano , retomamos as recomendacións literarias na radio escolar a partires de Outubro.
 
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
DATA
CURSO
31 de Outubro
28 de Novembro
5ºA
19 de Decembro
5º B
30  de Xaneiro
27 de Febreiro
20 de Marzo
24 de Abril
5ºA
29 de Maio
5ºB
19 de Xuño

SEGUIMOS NO PLAMBE

Un ano máis, estamos de noraboa pois seguimos formando parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
No seguinte enlace, podedes acceder a resolución onde indica a cantidade de cartos que nos foi asignada :
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20171024_resolucion_bibilo.pdf

viernes, 8 de septiembre de 2017

BENVIDA Ó CURSO

Xa estamos de novo aquí e dende o equipo de biblioteca do cole estamos preparando novas e interesantes actividades para este  curso 17/18.
Durante o mes de Setembro estaremos pechados para poder levar a cabo as  actividades de xestión e organización da mesma.
A apertura da biblioteca será o 2 de Outubro coincidindo co mes das bibliotecas escolares.

miércoles, 10 de mayo de 2017

TRIVIAL LETRAS GALEGAS

Xa temos preparado o seguinte concurso da nosa biblioteca:

miércoles, 19 de abril de 2017

TÍTERES DE CONTOS

O alumnado de 4º A e 4ºB fixeron unhas marionetas con culleres de pau e caixas de cartón.
Quedqron moi bonitas e coloridas. Aquí podedes apreciar a súa creatividade:




COMEZAMOS PROXECTO

Este curso estamos levando a cabo un proxecto denominado " Os malos dos contos...non son tan malos". Comezamos realizando un mural e propoñendo un novo acertixo no cal houbo unha gran participación por parte dos alumnos. Os gañadores do concurso levaron de premio 5 biblioeuros e un conto de agasallo.
Aquí vos deixamos algunha imaxe do concurso:

martes, 7 de febrero de 2017

DEDICATORIAS DE AMOR

Participa no noso concurso de dedicatorias de AMOR  por San Valentín.
Cubre un posit que atoparás na biblioteca e segue as instruccións que atoparás no noso cartaz.
Tedes de prazo ata o próximo luns 13 de Febreiro.

miércoles, 21 de diciembre de 2016

GAÑADORES DO CONCURSO DE NADAL

Había un total de 73 adornos  na nosa árbore de Nadal. Noraboa os gañadores do concurso.

VISITA DO APALPADOR

O pasado venres 16 estivo con nós a figura do Apalpador.Palpounos a barriga e deunos caramelos e castañas!


lunes, 5 de diciembre de 2016

CONCURSO DE NADAL

Aquí tedes un novo acertixo para resolver .


TORNEO DE DOMINÓ

Xa temos gañadoras no torneo de dominó relaizado durante os recreos na nosa biblioteca.
A gañadora for: Carla Ramírez Senlle
Subcampiona: Valeria Areal Aira
NORABOA !


martes, 15 de noviembre de 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Polo magosto fixemos no cole a IV Xornada de portas abertas .Os nosos axudantes foron os encargados de mostar a nosa biblioteca e de explicarlles as familias as súas funcións e a organización da mesma..A actividade que máis gustou foi o noso mercadillo e a lectura nos e-readers.
Aquí tedes algunhas imaxes das xornadas:


miércoles, 26 de octubre de 2016

SAMAÍN 2016

Esta semana festexamos o Samaín no noso colexio. Estamos a realizar moitas actividades, entre elas levamos a cabo a decoración da nosa biblioteca de xeito terrorífico.

SEMANA DA BIBLIOTECA

Esta semana celebramos o día das bibliotecas escolares . Puidemos disfrutar de sesións de contacontos organizadas polo concello de Mos: "Contacontos en linguaxe de signos" e  "Xornadas micolóxicas".

martes, 18 de octubre de 2016

GAÑADORA DO CONCURSO : DESEÑA A MOEDA DA BIBLIOTECA

Xa temos billete para utilizar no noso mercadillo . Noraboa a nosa alumna de 4ºA Lucía Costas!
 

martes, 11 de octubre de 2016

miércoles, 21 de septiembre de 2016

BENVIDA Ó CURSO 2016-2017

Un ano máis, a nosa biblioteca abrirá as súas portas o próximo 1 de Outubro.
Estamos preparando moitas actividades e novos concursos que comezarán ó longo do 1º trimestre.
Benvida a todos e todas !


viernes, 6 de mayo de 2016

martes, 29 de marzo de 2016

Concurso pintura.

Xa temos gañadores para o noso concurso.


  • YASSIR de 3º.
  • CAROL (Nai de Nuria e Noel)








NORABOA AOS PREMIADOS.

viernes, 11 de marzo de 2016

Proxecto biblioteca

Estos días no cole estamos levando a cabo moitas
actividades relacionadas coa pintura, concursos, charlas de pintoras...









martes, 16 de febrero de 2016

Concurso San Valentín

E xa temos os gañadores.


jueves, 28 de enero de 2016

CAMPIONATO DA OCA

E por fin, a entrega de premios.

martes, 26 de enero de 2016

Campionato da Oca

A gañadora do Campionato da Oca é:

EREA  (6º)