viernes, 30 de octubre de 2009

Premio mascota

Ola a todos e todas.


E grazas a todos os que participastes na búsqueda da nosa mascota.









Os finalistas foron:



O noso gañador foi: Guille de 6º. Velaí a mascota:

Librín, a mascota da biblioteca

jueves, 8 de octubre de 2009

Concurso Mascota para a Biblioteca

Dende a biblioteca do centro convócase un concurso de mascota para a biblioteca.

  • As bases do concurso serán as que seguintes:
    · Poderán participar todos os/as nenos/as do colexio, tanto de infantil coma de primaria.
    · O debuxo da mascota deberá ser orixinal
    · Os traballos deberán ser feitos nunha folla tamaño A4 ( folio)
    · A personaxe poderá ser inventada ou relacionada con algunha lectura.
    · O debuxo poderá ser realizado utilizando diferentes técnicas plásticas ( rotuladores, ceras, lápices,...) .
    · Cada participante poderá presentar un único debuxo. Todos serán expostos no colexio
    · Acompañando o debuxo deberá aparecer o nome da mascota en galego e de xeito opcional, unha frase referida á lectura coma fonte de diversión, aventura, etc.
    · Cada titor/a elixirá o máis axeitado do seu curso . De todos os seleccionados elixirase o gañador.
    · O prazo de entrega será o 16 de Outubro.
    A mascota gañadora será o encargada de dinamizar o funcionamento da biblioteca e, asemade, ambientará moitos dos recunchos do cole.A presentación da mascota e a entrega do premio ó/á artista gañador/a farase durante a Festa do Samaín- Halloween.

martes, 6 de octubre de 2009




Ola. Benvidos ó Blog da Bilbioteca do Colexio Mestre Valverde Mayo.