viernes, 17 de diciembre de 2010

1º Premio no concurso.

Onte en Santiago, Anxo, Olivia, Xiana e Anxo, acadaron o 1º premio do concurso "Ler e escoitar", na modalidade grupal.
O Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, entregou os premios deste certame de lectura en voz alta, ao que se presentaron 123 centros educativos de toda Galicia.
Todos os finalistas recibiron cadanseus lotes de libros para a súa biblioteca persoal. Ademáis, o noso centro recibirá unha asignación para a biblioteca escolar.
NORABOA.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Finalistas no Concurso de Lectura en voz alta.

Os alumnos e alumnas de 5º e 6ª do noso colexio participaron no I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar".

Fixérono tan ben que chegaron a fase final. Noraboa rapaces!

O vindeiro xoves 16 acudirán a Santiago para participar na fase final do concurso.

Moita sorte para Sergio Romero Pérez, Xiana Alonso Boullosa, Mª Olivia Pérez Vila e Anxo González Martínez.

viernes, 3 de diciembre de 2010

CONCURSO CONTOS DE NADAL


BASES DO CERTAME:
•Poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro.

•Os textos deberán ser orixinais e inéditos.

•O tema dos traballos deben ser presentados na temática proposta, CONTOS DE NADAL

•O certame quedará aberto a partir da publicación da presente convocatoria e pecharáse o mércores 15 de decembro. Non se aceptarán traballos fora de plazo previsto.

•Haberá un premio para o /a gañador/a que será anunciado o día 22 na radio escolar.

•As obras presentadas leránse na biblioteca, o martes 21 de decembro, durante o recreo. Tamén publicaránse no blog da biblioteca. Os contos quedarán na biblioteca.

Xurado:
*Equipo da Biblioteca escolar

miércoles, 1 de diciembre de 2010

6 DE DECEMBRO,DÍA DA CONSTITUCIÓN


6 DE DECEMBRO,DÍA DA CONSTITUCIÓN

Para traballar a Constitución Española tedes aquí varios enlaces:

viernes, 26 de noviembre de 2010

O SEÑOR MAGO E A SEÑORA FOLLA


O señor mago vivía no medio do monte coas súas tres ovellas. Unha tarde de outono atopou unha folla seca, moi rara. Pediulle que tivera coidado pois a lastimou ó pisala. El levouna para casa, a lavou e a deixou na mesa de noite. Pensou que era maior e se enfermaba ninguén coidaría del, así , que decidiu transformarla cun feitizo : con pincel e témperas pintoulle o corpo. Cando rematou, meteuna nunha caixa dos desexos e a posou na fiestra nunha noite estrelada. Pola mañá, na caixa había unha nena durmida. Cando espertou dixo: " Bo día ,papá". Xa non estaba so. Tiña con el a Antía, filla de Antón.
Este conto é ideal para traballar o outono cos máis cativos. Nos leémolo na aula de catro anos e fixemos uns debuxos moi coloridos despois da súa lectura. Aquí tedes algúns deles:

jueves, 21 de octubre de 2010

MÁIS LECTURAS RECOMENDADAS


LECTURAS PARA SAMAÍN



Xa estamos a piques de celebrar a festa de Samaín no noso colexio.
Como nos gustan moito os Bolechas, estamos a traballar nestas datas sobre o conto : Os Bolechas van á festa dos calacús
Os nosos amigos Bolehas, teñen que adornar cabazas para o día da festa da súa escola.
A historia que contan é axeitada para os máis pequenos.
¡ Feliz Samaín !

lunes, 18 de octubre de 2010

Para os nenos e nenas de 2º.

RÍE, QUE RÍE.

Os alumnos de 2º de Primaria leron na aula o libro Ríe, que ríe.

Dende a Biblioteca vos propoñemos un xogo que consiste en investigar e atopar as respostas os seguintes colmos e acertixos que aparecen no libro (xa sabedes que o tedes na biblioteca).
Unha vez teñades as respostas podedes introducilas no buzón da nosa biblioteca ou respostar dende o blog.

¡Ánimo e a participar!

Colmo:

- Cal é o colmo dunha mesa?

- ....................................................................................................................................

Acertixo:

- Qué animal voa e non ten plumas?

- ....................................................................................................................................

jueves, 7 de octubre de 2010

Para os nenos e nenas de 5 anos.



Ola nenos e nenas:


Xa estou aquí de novo! Qué tal o verán?


Eu estiven moi ocupado viaxando por moitos lugares onde atopei moitos e interesantes libros.


Este curso, díxome a vosa mestra que ides a coñecer moitas cousas interesantes sobre os castelos.


Qué divertido!


Deixovos no baúl viaxeiro os libros que merquei nun dos meus viaxes polo mundo.


Espero que aprendades moito coa súa lectura e sobre todo que disfrutedes!

lunes, 4 de octubre de 2010

Benvida a todos

Sanguiñeda, 27 de setembro de 2010
Ola, queridos nenos e nenas:
Aquí estou de novo, cómo estades?, qué tal esas vacacións?
Eu lin moitos libros e estiven mo ocupado, coma sempre viaxando e buscando máis libros para traer a nosa Biblioteca.
Supoño que vos fixaríades no cartel que está na entrada da Biblioteca: "Abrimos o Luns 1 de Outubro". Así que xa sabedes que podedes subir coas vosas profes. É moi importante que lembredes as normas, e que ninguén esqueza que a Biblioteca é de todos e todas, polo tanto debemos axudar no seu coidado.
Este curso quero contar coa vosa colaboración, así que podedes enviarme todos aqueles comentarios ou suxerencias para mellorar a nosa Biblioteca.
Un saúdo, do voso amigo LEO.

miércoles, 12 de mayo de 2010

CONTACONTOS




Os alumnos e alumnas de Educación Infantil participaron no contacontos organizado pola coordinadora da biblioteca escolar. O conto elixido para representar foi "Riciños Dourados".


Os nenos e nenas gustoulles moito e disfrutaron escoitando e participando da historia de Riciños e os tres osos.


GAÑADORAS DA CAZA DO TESOURO


As gañadoras da caza do tesouro foron Tamara Quintero Sánchez (4º curso) e Laura Campo Domínguez (4º curso).

EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS


FEIRA DO LIBRO







A feira que realizamos na nosa biblioteca foi todo un éxito.



jueves, 22 de abril de 2010

SAÍDA A BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOS















O pasado venres 16 de abril os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos a Bibliotec Pública de Mos. Pasámolo moi ben escoitando a historia que a contacontos nos tiña preparado. O sair, levamos unha rica sorpresa, caramelos, sinaladores e un lápis. Fixemos o carné de socio/a e levamos contos de préstamo.





viernes, 16 de abril de 2010

Día do libro



INTRODUCIÓN

O 23 de Abril celébrase o Dia Mundial do Libro .Esta festividade conmemórase dende o ano 1926. A costume de adicar ese día a festa do libro foise extendendo dende España ata outros países. E foi no ano 1964 cando queda instituído oficialmente o día 23 de Abril como Día internacional do Libro

ACTIVIDADES

Dende a Biblioteca do C.E.I.P Mestre Valverde propoñemos para festexar este día as seguintes actividades.

CAZA DO TESOURO
EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS
FEIRA DO LIBRO NA BIBLIOTECA


 CAZA DO TESOURO
Cas seguintes preguntas vas descubrir por qué celébrase este día. Segue as pistas… e resolverás o encrucillado.
 1.-Qué propósito ten festexar o Día do Libro?.
 2.-Por que celébrase ese día e non outro?
 3.-Qué tres escritores falecen nese mismo día?

Agora imos investigar un pouco sobre a vida de Cervantes:

 4.-Escribe o seu nome completo, lugar, ano de nacemento e de morte.
 5.-Por qué se chamou o “ Manco de Lepanto”?.
 6.-Cal é o nome da súa obra máis coñecida?
 As palabras coas que comeza “El Quijote” son coñecidas mundialmente. Sabes cales son?

Imos investigar un pouco máis sobre outro gran escritor chamado William Shakespeare. Agora xa sabes que morreu dez días despóis de Cervantes.
 Onde e cando naceu?
 Escribe o nome de tres das súas obras máis famosas.

ENLACES
As Respostas as preguntas poderás atopalas nos seguintes enlaces
-Wikipedia
-Día del libro
-Enciclopedia
Envíanos as tuas respostas a: bibliotecamestrevalverdemayo@gmail.com ou introduceas no buzón que atoparás na biblioteca. Entre todos/as participantes sortearemos un bonito agasallo.



 MARCAPÁXINAS.

-Educación Primaria: Crea o teu propio sinalador de libros. Unha vez rematado entregao o teu/túa titor/a ou a coordinadora da biblioteca. Entre todos faremos unha exposición o día 23 de Abril.

-Educación Infantil levará a cabo un MARCAPÁXINAS da mascota da biblioteca LEO *. Tamén o alumnado de 1º, 2º e 3º ciclo de primaria podedes descargalos , imprimilos e colorealos nas vosas casas acediendo dende a páxina web do centro no apartado da biblioteca

 FEIRA DO LIBRO
-O Venres 23 imos visitar a biblioteca durante o recreo . Alí haberá unha exposición de libros que poderedes levar as vosas casas e disfrutar da súa lectura en familia.

A coordinadora da biblioteca

martes, 12 de enero de 2010

Gandhi


O 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da india ,Mahatma Gandhi.
Dende a Biblioteca do cole propoñemosvos que leades o seguinte libro que fai alusión a sua vida :
“ Ghandi . El pacífico”. Gorka Calzada. Ed. El rompecabezas. Colección sabelotodos.

A vosa misión nesta webquest consite en coñecer a través da lectura do libro a persoa de Ghandi, a súa loita contra a violencia, contra o sistema político da India daquela época e contra as desigualdades sociais.

ACTIVIDADES

Resposta as seguintes preguntas sobre a vida de Ghandi:
1.-¿Onde naceu?
2.-¿Qué significa a palabra “ Mahatma”?
3.-¿Qué estudios cursou?.
4.-¿Estivo casado?.
5.-¿Cál era a súa relixión?.
6.-¿Estivo na cárcere?.
7.-¿Qué ideas defendía?
8.-¿Recicbiu algún premio?.
9.-¿Cal foi a causa da súa morte?

Completa as seguintes frases cas palabras :
instrumento, victoria, leis, manter, cego, paz, ladrón, mundo, violencia, reducilas.

1.-Non hai camiño para a paz, a………………….….é o camiño.
2.-A plegaria, entendida e aplicada axeitadamante, é o………………. máis potente para a acción.
3.-En canto alguén comprende queobedecer……………………inxustas é contrario a súa dignidade de home, ningunha tiranía pode dominalo.
4.-O que retén algo que non necesita é igual a un…………………
5.-O verdadero progreso social non consiste en aumentar as necesidades, senon en……………………………….voluntariamente.
6.-A humanidade non pode liberarse dá………………….máis que por medio da non violencia.
7.-Ollo por ollo e todo o mundo rematará………………..
8.-O que se obten con violencia , so se pode …………………..….con violencia.
9.-A nosa recompensa atópase no esforzo e non no resultado . Un esforzo total é unha………………………………………..completa.
10.-Se queres cambiar o……………………………………, cámbiate antes a ti mesmo.


Páxinas de interese onde podes atopar máis información e profundizar no pacifismo.

http://es.wikipedia.org/wiki/Pacifismo http://web.mahatma.org.in/familytree/familytree.jsp?link=ft
http://www.geocities.com/armonizaciones/pro_educa_paz.htm?200620