viernes, 17 de diciembre de 2010

1º Premio no concurso.

Onte en Santiago, Anxo, Olivia, Xiana e Anxo, acadaron o 1º premio do concurso "Ler e escoitar", na modalidade grupal.
O Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, entregou os premios deste certame de lectura en voz alta, ao que se presentaron 123 centros educativos de toda Galicia.
Todos os finalistas recibiron cadanseus lotes de libros para a súa biblioteca persoal. Ademáis, o noso centro recibirá unha asignación para a biblioteca escolar.
NORABOA.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Finalistas no Concurso de Lectura en voz alta.

Os alumnos e alumnas de 5º e 6ª do noso colexio participaron no I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar".

Fixérono tan ben que chegaron a fase final. Noraboa rapaces!

O vindeiro xoves 16 acudirán a Santiago para participar na fase final do concurso.

Moita sorte para Sergio Romero Pérez, Xiana Alonso Boullosa, Mª Olivia Pérez Vila e Anxo González Martínez.

viernes, 3 de diciembre de 2010

CONCURSO CONTOS DE NADAL


BASES DO CERTAME:
•Poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro.

•Os textos deberán ser orixinais e inéditos.

•O tema dos traballos deben ser presentados na temática proposta, CONTOS DE NADAL

•O certame quedará aberto a partir da publicación da presente convocatoria e pecharáse o mércores 15 de decembro. Non se aceptarán traballos fora de plazo previsto.

•Haberá un premio para o /a gañador/a que será anunciado o día 22 na radio escolar.

•As obras presentadas leránse na biblioteca, o martes 21 de decembro, durante o recreo. Tamén publicaránse no blog da biblioteca. Os contos quedarán na biblioteca.

Xurado:
*Equipo da Biblioteca escolar

miércoles, 1 de diciembre de 2010

6 DE DECEMBRO,DÍA DA CONSTITUCIÓN


6 DE DECEMBRO,DÍA DA CONSTITUCIÓN

Para traballar a Constitución Española tedes aquí varios enlaces: