jueves, 22 de diciembre de 2011

Guía de lecturas de Nadal

Dende a biblioteca do noso colexio aconsellamos aos Reis Magos algunhas lecturas para o noso alumnado.



Educación Infantil:Justificar a ambos lados

Chocolata.
Marisa Núñez.
OQO editora.






Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
Chema Heras. Kalandraka Editora.










Eu non fun!
Christian Voltz
Kalandraka Editora





Educación Primaria:

Primeiro ciclo:

Os sete irmáns chineses
Rodolfo Castro.
OQO editora.









A boneca e a castañeira
Roberto Aliaga
OQO editora










O meu amigo Álex
Mikel Gurrutxaga
Kalandraka Editora









Segundo ciclo:



Palabras de Caramelo
Gonzalo Moure.
Grupo Anaya







Colección Gerónimo Stilton
Destino Infantil y Juvenil












Contos por teléfono
Gianni Rodari
Kalandraka Editora





Terceiro ciclo:

Kika Superbruxa e o feitizo de Nadal
Knister
Editorial Bruño











Canto de Nadal
Charles Dickens
Kalandraka Editora













Un misterio na mochila de Alba
Fina Casalderrey




Oxford University Press

viernes, 9 de diciembre de 2011

Lecturas polo Nadal.

Este nadal o equipo de Biblioteca propoñemos distintas lecturas para os nosos alumnos.


En Infantil leremos: "Cando Martiño tiña ganas de mexar na noite de reis".


En 1º e 2º ciclo : "A boneca e a castañeira"


En 3º ciclo ademais de ler o libro : " El lobo que quería comerse a Papá Noel" fixemos un vídeo sobre o mesmo que quedou moi lindo. Esperamos que vos guste moito!




jueves, 8 de diciembre de 2011

Lémoslle aos nosos compañeiros

Neste outono, os nenos e nenas de 2º de Primaria practicaron a lectura co conto de "O señor mago e a folla".












Despois léronllo aos seus compañeiros de 1º e tamén na súa intervención na radio escolar do noso colexio.













viernes, 2 de diciembre de 2011

viernes, 28 de octubre de 2011

LECTURAS POLO SAMAÍN

“O MONSTRUO DE RICARDO”
O máis terroríficamente divertido que lle pode pasar a Ricardo ó irse a durmir, é que aparezca un monstruo debaixo da súa cama... e lle faga cóxegas nos pés ata que non poida parar de rir!.
O malo é que as veces as apariencias engañan,as personaxes enredanse na confusión de non saber moi ben quen é quen. Porque nesta historia parece que hai máis dun monstruo: o mesmo Ricardo, ou incluso a súa irmá. E entre tanto lío, os pais de Ricardo son os únicos que non teñen ningunha dúbida.










“EL PEQUEÑO VAMPIRO Y EL GRAN AMOR”
Rüdiger, o pequeno vampiro, recibe a visita dun pariente. Trátase da remilgada curmá Olga von Seifenschwein de Transilvania, da que Rüdiger enamorase perdidamente. Anna está moi enfadada, pois o malo é que a señorita Olga, altiva e vaidosa, non sinte o mesmo por el e Rüdiger fai todo o que Olga lle manda. Por outra parte, a tía Dorothee fai o que está na súa man para que a estancia da súa consentida sobriña sexa todo o agradable posible. As situacións cómicas e difíciles se suceden a un ritmo vertixinoso












"LAS CARTAS DE HORACIO Y SU BRUJA ESTRAFALARIA" Queridos nenos e nenas: Son Horacio Conjurator Maúllez. Traballo de mascota da meiga Ágata Maga: debo coidar dela e axudarlle a ser unha AUTÉNTICA MEIGA. Pero non é tarea sinxela, porque Ágata négase a subirse a unha vasoira, non quere facer pócemas de ancas de ra, alas de morcego e rabos de lagartiños, …e o único que quere é convertirse nunha princesa e casar cun príncipe xeitoso!!! Qué podo facer? Voso amigo, Horacio Conjurator Maúllez

lunes, 24 de octubre de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

24 DE OUTUBRO

Hoxe celebramos o día internacional das bibliotecas escolares .O equipo de biblioteca propuxo a elaboración dun mural que reflexa a evolución da nosa biblioteca e as actividades de animación á lectura levadas a cabo nos últimos cursos.

lunes, 17 de octubre de 2011

PROXECTO: O UNIVERSO




A clase de Educación infantil 5 anos está aprendendo moitas cousas sobre o noso Universo.
Entre as cousas que queremos aprender están as relacionadas cos:

-satélites
-planetas.
-cohetes.
-astronautas (roupas, probas).
-movementos de rotación e traslación.
-cometas.
-meteoritos
-o sistema solar.
-extraterrestres- marcianos.
-día – noite, estacións, anos.
-eclipses.
-constelacións
-prismáticos, telescopios, brúxulas…
-posicións da lúa
-globo terráqueo.

Para atopar toda a información usaremos:

-Internet.
-Libros e contos
-Películas en DVD

viernes, 7 de octubre de 2011

A prensa na rede

Se queres coñecer as novas que publican moitos xornais, tanto nacionais como internacionais, preme no xornal e atoparás un quiosco moi grande.


Alí tamén podes consultar as portadas dos xornais de Galicia:

viernes, 9 de septiembre de 2011

Benvidos a un novo curso

Hola rapaces!
Xa estamos aquí de novo e cargados de novidades.
Este ano, entramos a formar parte do Plan de mellora de Bibliotecas escolares.
O primeiro que imos facer é poñer a Biblioteca moi bonita.
Teredes que esperar un pouquiño para vela, xa que estamos en obras.
Pero, seguro que merece a pena.

martes, 31 de mayo de 2011

Guyi- Guyi


O pasado venres 27 os alumnos e alumnas de E.I fomos o teatro de Nocacaixagalicia en Vigo. A obra titulada Guyi-Guyi trata dun crocodilo que , por azar da natureza , nace nunha familia de parrulos. Guyi-Guyi vive feliz coa súa familia ata que un día atópase cun crocodilo. Cando descubre que os crocodilos comen parrulos, o noso protagonista pasará por diferentes dificultades para conseguir ser el mesmo.
A identidade, tema moi contemporáneo e presente na sociedade de hoxe día, sirvenos para falar sobre o medo á diferenza e os prexuizos que arroxamos sobre aquilo que se comporta de manera distinta ó que esperamos
"http://youtube.be/mGgGjT9p5C8

viernes, 18 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA AUGA


Coincidindo co Día Mundial da Auga , o día 22 de marzo os alumnos de 1º e 2 º ciclo traballarán na aula o libro "Os Bolechas queren saber...como aforrar auga".A través destes personaxes de ficción da literatura infantil galega coñeceremos consellos prácticos para fomentar o aforro de auga.

jueves, 3 de febrero de 2011

Xa podedes ler os contos participantes no concurso "CONTOS DE NADAL" . Preme na imaxe para acceder a eles.

lunes, 24 de enero de 2011

Día da paz


Ola nenos e nenas:
Acércase o día da Paz e dende a biblioteca do cole vos propoñemos unhas lecturas interesantes .
Para os máis cativos:
*Caracol e vermiño
*Macario dromedario
*A guerra dos números
*"El señor guerra y la señora paz"

Para os maiores:
*Valentino
+Cabaleiro Pepino
Xa sabedes que podedes atopalos na biblioteca e enviar as vosas opinións ó blog.