viernes, 27 de abril de 2012

MÁIS ACTIVIDADES NA SEMANA DO LIBRO

Visita a Biblioteca Pública de MosComa en anos anteriores visitamos a biblioteca de Mos. Esta vez fomos os alumnos de 1º ciclo.
Escoitamos contos e levamos libros en préstamo para as nosas casas.

Exposición de novidades na entrada da biblioteca
Elaboración de marcapáxinas.
Os alumnos de 3º e 4º fixemos   marcapáxinas con fieltro , palos de xeado ,botóns e outros materiais de refugallo.
Carteis de animación á lectura. Alumnos de 5º e 6º. Algúns exemplos:

lunes, 23 de abril de 2012

Videos de recomendacións de lecturas

Os nenos de Educación Infantil e 1º ciclo fixemos un vídeo para recomendar ó resto dos nenos  do cole os nosos libros favoritos . Xa sabedes que tamén podedes enviar as vosas recomendacións no recuncho cóntalle a Leo  .

Festexamos o día do libro

Hoxe, 23 de Abril , celebramos o día do libro. Todos os nenos do cole estivemos na biblioteca, e entre todos formamos a nosa mascota LEO cas doacións de libros feitas por algúns alumnos .


Lemos algunhas poesías adicadas a conmemorar esta data. Algúns dos autores lidos foron Rubén Darío e Gloria Fuertes.

Encontros do plan de mellora de bibliotecas escolares 2012

O 19 e 20 de Abril  participamos nos encontros do plan de mellora de bibliotecas escolares celebrados en Santiago. Tomamos moi boa nota de todo o traballo desenvolvido no resto de bibliotecas escolares de Galicia . Aproveitamos para dar a noraboa a todos os que mostraron os seus traballos nos corredores do Palacio de Congresos de xeito desinteresado. Grazas a todos por compartir!

viernes, 13 de abril de 2012

Kilómetro do libro

Ó próximo 23 de Abril conmemoraremos o día do libro . Entre as actividades propostas polo equipo de biblioteca para este mes está o obxectivo de crear o kilómetro do libro. Por iso ,precisamos da vosa colaboración doando ó centro aqueles libros  que xa non necesitedes nas vosas casas. Podedes traelos ó centro á próxima semana e entregalos a titora ou titor, ou equipo da biblioteca.
Grazas a todos de antemán  e un saudiño .

miércoles, 11 de abril de 2012

MES DO LIBRO

ANDERSEN
Aquí tedes un enlace moi interesante para aprender moito sobre este autor:
http://engalego.es/panel/alm/chs/bibliocole/lim_andersen/lim_andersen.html

XORNADA DE CONVIVENCIA

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/convivenciamarzo/convivencia.htm