viernes, 22 de febrero de 2013

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

Estamos a piques de comezar o noso novo PDI que nesta ocación imos adicar a Rosalía de Castro.
Entre as moitas actividades que temos programadas está a lectura e gravación  do poema Que ten o mozo? pertencente a obra Cantares Gallegos.
 Esta é a nosa contribución a celebración dos 150 anos da súa publicación.

ESTIVEMOS ALÍ


O mércores pasado presentamos en Santiago, na biblioteca da cidade da cultura, a nosa experiencia cos libros dixitais.O motivo foi a presentación dun proxecto piloto E-LBE, lectores electrónicos nas bibliotecas escolares. Se queres ler máis pincha nos seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/507


Lectura do libro O misterio do cemiterio vello

Ao alumnado de 4º gustoulle moito o libro titulado O misterio do cemiterio vello, de Fina Casalderrey. Aquí amósannos algúns debuxos  e o resume que fixeron sobre o libro.








jueves, 14 de febrero de 2013

I CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Este  curso imos realizar o 1º Concurso de cartas de amor.
Pode participar todo o alumnado do colexio.
Escribe a túa carta antes do 19 de Febreiro e deposítaa no buzón da entrada da biblioteca.
A carta gañadora recibirá un agasallo.
Anímate e participa!


miércoles, 6 de febrero de 2013

XOGANDO POLO ENTROIDO: OS BOTEIROS DE VIANA DO BOLO

Se queredes xogar cos nosos amigos os Boteiros de Viana do Bolo e seguir coñecendo máis sobre este entroido ,pinchade neste enlace onde atoparás actividades LIM elaboradas no noso cole para que as disfrutedes: http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/edlg/entroido2013/osbotteiros.html

ENTROIDO 2013

Un ano máis estamos a traballar un dos nosos entroidos galegos. Este curso investigamos sobre o entroido de Viana do Bolo e os seus Boteiros