lunes, 29 de abril de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Dende o luns día 22 ata o luns 29 de abril o alumnado de Primaria estivo a gravar nos estudios da nosa Radio Escolar un conto encadeado para conmemorar o Día do Libro.  Escoitade o resultado!

miércoles, 24 de abril de 2013

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE MOS

Polo día do libro , e coma en cursos anteriores , os alumnos de 1º ciclo  de educación primaria visitamos a Biblioteca Pública de Mos .
Alí ,
escolitamos contos narrados por unha contacontos, entre eles un adicado "os avós" . A narración foi acompañada dunha dramatización do conto feita por avós.
Ademáis , percorremos a biblioteca e levamos libros en préstamo .

viernes, 19 de abril de 2013

CANCIÓN: CAILLOU E OS LIBROS

Para festexar o día do libro canta con Caillou!!!

O RAP DO LIBRO

Os maiores do cole podedes disfrutar cantando o rap do libro!

jueves, 18 de abril de 2013

CARTEL DA SEMANA DO DÍA DO LIBRO

A próxima semana  levaremos a cabo diferentes actividades para festexar o día do libro.
Aquí tedes o cartel cas distintas propostas:

miércoles, 3 de abril de 2013

Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil

O alumnado de 4º conmemorou o Día do Libro Infantil e Xuvenil comentando as súas preferencias de lectura e lendo na biblioteca do noso colexio algunhas obras adaptadas da literatura universal.


martes, 2 de abril de 2013

2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil

Hoxe,  2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan