lunes, 18 de diciembre de 2017

NOVO CONCURSO DE NADAL

Conta o número de luces vermellas, amarelas, verdes e azuis que atoparás na nosa árbore de nadal.
O prazo remata o xoves 20 de Decembro. Sorte!

FINAL DO TORNEO DE CREBACABEZAS

Xa temos gañadores do torneo. 

Noraboa a:
CARLA SALGUEIRIÑO
UXÍA
DIEGO VIÑAS
KEVIN
URIEL 


jueves, 30 de noviembre de 2017

CONTACONTOS " O CARBALLO CON BOTAS"

O pasado luns tivemos na biblioteca do cole un contacontos chamado " O carballo con botas". Falamos das árbores, da reciclxe, do lume ,...Aquí podedes ver unha imaxe do ben que o pasamos os nenos e nenas de E.Infantil



martes, 21 de noviembre de 2017

Torneo de crebacabezas

Estamos preparando o torneo de crebacabezas por equipos.Todos os interesados en participar anotadevos na biblio durante os recreos. O prazo remata o xoves 23 de Novembro.


Xornada de portas abertas 2017

O pasado Martes 14 de Novembro levamos a cabo, outro ano máis, unha xornada de portas abertas.
Algúns axudantes  da nosa biblioteca estiveron explicando ás familias as súas funcións e o seu traballo cando lles toca quenda durante os recreos. Como novidade do curso inauguramos a nosa bibliotenda.




martes, 7 de noviembre de 2017

Contacontos " Os cogumelos"

O pasado luns 30 de Outubro tivemos na biblioteca unha sesión de contacontos ofertada polo Concello de Mos. Coñecemos moitas cousas sobre o outono e ata disfrazámonos de animaliños.

miércoles, 25 de octubre de 2017

AXUDANTES DA BIBLIOTECA


RECOMENDACIÓNS LITERARIAS NA RADIO ESCOLAR



Este ano , retomamos as recomendacións literarias na radio escolar a partires de Outubro.
 
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
DATA
CURSO
31 de Outubro
28 de Novembro
5ºA
19 de Decembro
5º B
30  de Xaneiro
27 de Febreiro
20 de Marzo
24 de Abril
5ºA
29 de Maio
5ºB
19 de Xuño

SEGUIMOS NO PLAMBE

Un ano máis, estamos de noraboa pois seguimos formando parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
No seguinte enlace, podedes acceder a resolución onde indica a cantidade de cartos que nos foi asignada :
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20171024_resolucion_bibilo.pdf

viernes, 8 de septiembre de 2017

BENVIDA Ó CURSO

Xa estamos de novo aquí e dende o equipo de biblioteca do cole estamos preparando novas e interesantes actividades para este  curso 17/18.
Durante o mes de Setembro estaremos pechados para poder levar a cabo as  actividades de xestión e organización da mesma.
A apertura da biblioteca será o 2 de Outubro coincidindo co mes das bibliotecas escolares.

miércoles, 10 de mayo de 2017

TRIVIAL LETRAS GALEGAS

Xa temos preparado o seguinte concurso da nosa biblioteca:

miércoles, 19 de abril de 2017

TÍTERES DE CONTOS

O alumnado de 4º A e 4ºB fixeron unhas marionetas con culleres de pau e caixas de cartón.
Quedqron moi bonitas e coloridas. Aquí podedes apreciar a súa creatividade:




COMEZAMOS PROXECTO

Este curso estamos levando a cabo un proxecto denominado " Os malos dos contos...non son tan malos". Comezamos realizando un mural e propoñendo un novo acertixo no cal houbo unha gran participación por parte dos alumnos. Os gañadores do concurso levaron de premio 5 biblioeuros e un conto de agasallo.
Aquí vos deixamos algunha imaxe do concurso:

martes, 7 de febrero de 2017

DEDICATORIAS DE AMOR

Participa no noso concurso de dedicatorias de AMOR  por San Valentín.
Cubre un posit que atoparás na biblioteca e segue as instruccións que atoparás no noso cartaz.
Tedes de prazo ata o próximo luns 13 de Febreiro.