jueves, 30 de noviembre de 2017
CONTACONTOS " O CARBALLO CON BOTAS"
O pasado luns tivemos na biblioteca do cole un contacontos chamado " O carballo con botas". Falamos das árbores, da reciclxe, do lume ,...Aquí podedes ver unha imaxe do ben que o pasamos os nenos e nenas de E.Infantil
martes, 21 de noviembre de 2017
Torneo de crebacabezas
Estamos preparando o torneo de crebacabezas por equipos.Todos os interesados en participar anotadevos na biblio durante os recreos. O prazo remata o xoves 23 de Novembro.
Xornada de portas abertas 2017
O pasado Martes 14 de Novembro levamos a cabo, outro ano máis, unha xornada de portas abertas.
Algúns axudantes da nosa biblioteca estiveron explicando ás familias as súas funcións e o seu traballo cando lles toca quenda durante os recreos. Como novidade do curso inauguramos a nosa bibliotenda.
Algúns axudantes da nosa biblioteca estiveron explicando ás familias as súas funcións e o seu traballo cando lles toca quenda durante os recreos. Como novidade do curso inauguramos a nosa bibliotenda.
Etiquetas:
curso 2017-18,
xornada de portas abertas
martes, 7 de noviembre de 2017
Contacontos " Os cogumelos"
O pasado luns 30 de Outubro tivemos na biblioteca unha sesión de contacontos ofertada polo Concello de Mos. Coñecemos moitas cousas sobre o outono e ata disfrazámonos de animaliños.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)